Traballando coas fontes (4)

Realizar listas das 10 personaxes máis influentes no ámbito da Economía, Literatura Xornalismo e Tecnoloxía (autores, expertos, investigadores, etcétera), cunha breve descrición de cada un deles. Non poden ser listas Forbes ou similares. Incorporar nomes dende mediados do século XX. Non poden ser presidentes de goberno ou directores de xornais.

ECONOMISTAS:

  • Paul Krugman é un economista estadounidense nado en 1953 que foi galardonado en 2008 co Premio Nobel de Economía por varias das súas contribucións no seu ámbito. É autor de máis de 200 artículos e 21 libros.
  • Milton Friedman foi un estadístico e economista estadounidense que fixo importantes aportacións nos campos da macroeconomía, microeconomía, historia económica e estatística. Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1976. Morreu en San Francisco en 2006.
  • Hyman Minsky (1919-1996) foi un importante economista cuxo traballo centrouse na fraxilidade financeira.
  • Joseph Stiglitz é un economista e profesor estadounidense nado o 9 de febreiro de 1943. Recibiu a Medalla John Bates Clark en 1979 e o Premio Nobel de Economía en 2001. É coñecido polas sías críticas á globalización, ao FMI e ao Banco Mundial. É considerado un dos integrantes da Nova Economía Keynesiana.
  • Friederich Hayek foi un filósofo, xurista e economista pertencente á Escola Austríaca. A súa obra comprende aproximadamente 130 artículos e 25 libros. Foi galardonado en 1974 co Premio Nobel de Economía.
  • Thomas Piketty é un ecnomista francés nado en 1971 especializado na desigualdade económica e a distribución da renta. É coñecido polo seu libro Le Capital au XXI siècle.
  • Jeffrey Sachs é o director do Proxecto Milenio da ONU e asesor especial do Secretario Xeral da ONU (Ban Ki-Moon) sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio, entre outras cousas. É recoñecido como experto en situacións de crises económicas graves e difíciles e colabora con diversas axencias internacionaies para a loita pola a redución da pobreza e a enfermidade.
  • Ben Bernanke é un economista estadounidense nado en 1953 que tivo a presidencia da Reserva Federal de Estados Unidos e tamén serviu coma presidente do Consello de Asesores Económicos de Bush.
  • Robert Lucas é un economista estadounidense nado en 1937 que recibiu o Premio Nobel de Economía no ano 1995. É coñecido por ser un dos autores da Teoría das expectativas racionais.
  • Daniel Kahneman é un psicólogo de nacionalidade estadounidense e israelita ao que lle foi concedido o Premio Nobel de Economía en 2002. A súa contribución á ciencia económica é a teoria das perspectivas.

 

ESCRITORES OU LITERATOS:

  • Stephen King é un escritor estadounidense coñecido polas súas novelas de terror, que a menudo se sitúan como best sellers. É autor de novelas como Carrie ou El resplandor, ambas con adaptación cinematográfica.
  • José Saramago, nado en Portugal no ano 1922, foi escritor, novelista, poeta, xornalista e dramaturgo. No ano 1998 otorgóuselle o Premio Nobel de Literatura. É autor das novelas Ensaio sobre a ceguera (1995), A viaxe do elefante (2009), Ensaio sobre a lucidez (2004) ou Caín (2009), entre outras. Morreu o 18 de xuño de 2010 en Tías, España.

  • Mario Vargas Llosa é un escritor peruano, un dos máis importantes contemporáneos. A súa obra colleitou múltiples premios, como o Príncipe de Asturias de Letras (1986) ou o Nobel de Literatura en 2010. É autor de novelas como La ciudad y los perros (1962) ou Conversación en la Catedral (1969).

  • Gabriel García Márquez naceu en Colombia no ano 1927, e foi escritor e xornalista. Recibiu o Premio Nobel de Literatura no ano 1982. Entre as súas obras máis famosas destacan Cien años de soledad (1967) e Crónica de una muerte anunciada (1981). Morreu o 17 de abril de 2014 en México DF.
  • Pablo Neruda foi un poeta chileno, considerado dos máis importantes e influíntes do seu século. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1971. Algunhas das súas obras máis importantes son Veinte poemas de amor y una canción desesperada (1924) ou España en el corazón (1937).
  • Arturo Pérez-Reverte é un escritor e xornalista español, nado en 1951 e membro da RAE desde 2003. É o autor da famosa saga Las aventuras del capitán Alatriste.

  • Stieg Larsson (1954-2004) foi un xornalista e escritor sueco. A súa fama foi fundamentalmente póstuma, coa publicación da súa triloxía de novelas policíacas Millennium, que chegou a ser best-seller.

  • Mario Benedetti foi un escritor, poeta e dramaturgo uruguaio que pertenceu á xeración do 45. A súa prolífica produción literaria incluiu máis de 80 libros, entre os que destacan Quién de nosotros (1953) ou Táctica y estrategia (1984). Morreu no ano 2009 en Montevideo.

  • Haruki Murakami naceu en Kioto en 1949 e é un escritor e traductor xaponés cuxas obras levárono a ser un dos favoritos a optar ao Nobel de Literatura en 2013. É autor de Tokio Blues (Norwegian Wood) (1987) ou 1Q84 (2009).
  • Ken Follett é un escritor inglés nado en 1949 cuxas novelas teñen temática histórica e suspense. É o autor da famosa novela Los pilares de la tierra (1989) e da triloxía The century (2010-2014).

XORNALISTAS:

  • Bob Woodward, nado en 1943 en Illinois, é un célebre xornalista de investigación famoso por revelar o escándalo Watergate, razón pola que o presidente Richard Nixon dimitiu no ano 1974.
  • Robert Fisk é un xornalista e escritor inglés nado en 1946. É corresponsal en Oriente Medio para o xornal británico The Independent, columnista no diario Público en España e La Jornada (México). Configúrase como un dos xornalistas ingleses máis premiados.

  • Kate Adie é unha xornalista británica cuxo papel máis importante foi o de correspondente en xefe da BBC, tempo no que foi ampliamente coñecida por informar desde zonas en guerra en todo o mundo.

  • Hu Shuli, nada en 1953 en China, é a editora xefe de Caixin Media e decana do Colexio de Comunicación e Deseño na universidade de Sun Yat-sen.
  • Ben Bradlee (1921-2014) foi o editor executivo do Washington Post, polo que estivo involucrado nas historias máis grandes publicadas polo periódico, como a revelación dunha serie de artigos e documentos de alto segredo do goberno sobre a guerra de Vietnam. Tamén autorizou a publicación do escándalo Watergate.

  • Christiane Amanpour, nada en Londres en 1958, é a correspondente da xefatura internacional da CNN e presentadora na CNN Internacional e CNN en Español do programa de entrevistas Amanpour. É a autora dunha controvertida reportaxe sobre a guerra de Bosnia. Actualmente, presenta en ABC News.

  • Walter Cronkite (1916-2009)foi un xornalista e presentador estadounidense que traballou coma correspondente de guerra en Europa durante a Segunda Guerra Mundial. Presentou numerosos especiais como o asasinato de John F. Kennedy.
  • Seymour Hersh é un xornalista estadounidense nado en 1937. É un reporteiro e investigador que, a finais dos aos 60, cubriu a historia da masacre de civiles vietnamitas por tropas estadounidenses en My Lai, durante a guerra de Vietnam. Esta historia deulle o Pulitzer.

  • Kathatine Graham (1917-2001) foi xornalista e editora do xornal The Washington Post. Baixo o seu mandato, o Post publicou o escándalo Watergate, os Pentagon Papers e converteuse no xornal líder en política a nivel nacional.

  • Glenn Greenwald é un abogado constitucionalista e xornalista estadounidense que publicou no ano 2013 no diario The Guardian as revelacións de Edward Snowden sobre o programa de vixilancia PRISM e outros programas da NSA, todos eles clasificados como alto segredo.

CIENTÍFICOS (TECNOLOXÍA)

  • Tim Berners-Lee é un científico da computación que cambiou o transcurso da historia cando el 1989 propuxo un novo sistema de transmisión da información: Internet. A World Wide Web é hoxe en día indispensable a tódolos niveis.

  • Donald Knuth é considerado o pai das análises dos algoritmos. Isto é, a linguaxe da programación non sería o que é hoxe de non ser por el. Creou os sistemas de programación WEB e CWEB e o sistema de renderizado e definición de linguaxe METAFONT.

  • Gordon Moore é un dos cofundadores de Intel e autor da Ley de Moore (1965). É doctor polo Caltech.
  • Bill Gates é o cofundador e director executivo de Microsoft, a empresa de software e computación para particulares máis grande do mundo. Tamén é recoñecido pola súa filantropía e riqueza.

  • Sergey Brin e Larry Page son os fundadores de Google, un dos buscadores máis importantes da rede. Cando estaban na universidade (Stanford), cuns cantos ordenadores conseguiron desenvolver o sistema de minería de datos, que deu lugar a o que hoxe é Google.

  • Bram Cohen aprendeu perfeccionou a linguaxe de programación BASIC á idade de 5 anos. É organizador da CodeCon, unha conferecia annual para hackers e entusiastas da tecnoloxía. Asimesmo, é o creador de BitTorrent.

  • Brendan Eich é o creador da linguaxe de programación JavaScript e co-fundador de Mozilla Corporation.

  • James Gosling é un desarrollador de software coñecido pola súa participación no desenvolvemento la linguaxe de programación Java. No ano 2002, recibiu o premio The Economist Innovation, e en 2007, foi nomeado Oficial da Orde de Canadá, que é a segunda orde civil canadiense máis alta.

  • Rasmus Lerdorf é un programador canadiense coñecido por crear o PHP, unha linguaxe encriptada. Máis do 34% da internet hoxe en día emprega esta linguaxe.

  • Carl Sassenrath, nado en 1957, é o responsible de que os ordenadores actuais sexan multitarea. Actualmente dirixe unha compañía (Amiga Computer) en Silicon Valley, na que desenvolve unha nova linguaxe de programación.

Estándar

Un comentario en “Traballando coas fontes (4)

  1. prof dijo:

    Economía: Hayek é anterior a petición. Interesante inclusión, Piketty. Minsky parece que ofrece pouco comparado co resto dos nomes. Bernanke, cargo político-económico.
    Literatura: King e Follet –por vendas-, aínda que tamén podería ser Larsson.
    Xornalistas: interesante a inclusión de Hersh. Algúns son presentadores e non era ese tipo de perfil.
    Tecnoloxía: Gates, os responsables de Google desmerecen no conxunto da lista.

    Me gusta

Deja un comentario