LA VIDA EN ROSA

 

Ficha técnica da película

Título da película (orixinal e tradución): La vida en rosa (La Môme).

Dirección: Olivier Dahan.

País: Francia, República Checa e Reino Unido.

Ano: 2007.

Duración: 140 minutos (2 horas 20 minutos aprox).

Xénero: Drama, Biográfico e Musical.

Sinopse: Biografía do icono da música francesa por excelencia Édith Piaf, quen logrou saír do ambiente no que creceu ( pobreza, prostitución e alcohol) para voltar a él, pero xa sendo unha artista recoñecida a nivel mundial. Relato dunha vida tráxica, semellante ás das novelas do século XIX.

Interpretación:

Marion Cotillard– Édith Piaf

Sylvie Testud– Mômone

Pascal Greggory– Louis Barrier

Emmanuelle Seigner– Titine

Gérard Depardieu– Louis Leplée

Jean-Paul Rouve– Louis Gassion (padre)

Clotilde Courau– Anneta Maillard

Jean-Pierre Martins– Marcel Cerdan

Catherine Allegret– Louise Gassion

Marc Barbe– Raymond Asso

Guión:Olivier Dahan e Isabelle Sobelman.

Documentalista: Aïcha Hamsassia.

Produción: Alain Goldman.

Música:Christopher Gunning.

Fotografía:Tetsuo Nagata

Montaxe:Richard Marizy

Dirección artística:Beata Brendtnerovà, Mick Lanaro, Laure Lepelley e Stanislas Reydellet.

Vestiario:Alice Kheilova, Céline Collobert e David Crossman Marit Allen.

Distribución:TFM Distribution (France).

Palabras clave: Musical, autobiografía, Edith Piaf, Marion Cotillard, Francia.

URL:http://www.pelispedia.tv/pelicula/la-vida-en-rosa-/

Que conta? Argumento e trama

Este filme relata a vida de Édith Piaf. Nace en 1915, en París. A súa nai, separada do seu pai e alcohólica, estaba sumida na pobreza. Foi por iso que foi deixada ó coidado da súa avoa, quen rexeitaba un burdel. Así, a pequena Édith, a pesar do ambiente no que vivía, creceu rodeada de cariño, dado especialmente polo personaxe de Titine. Ós 4 anos sufriu de meninxite, a que lle xerou unha cegueira temporal.

Xa de adolescente, traballou co seu pai nun circo onde este traballaba como acróbata. Probou fortuna nas rúas parisinas cantando coa súa amiga Mamone, cando un bo día foi recluída por un recoñecido empresario que a contratou para que traballase no seu bar. Foi el quen lle deu o nome artístico de Édith Piaf.

O empresario levou a Édith á fama ata que un día, este apareceu morto no seu despacho e todas as miradas apuntaron a Edith na autoría do asasinato. A partir de entón, a vida de Edith podería describirse con tres palabras: loucura, sexo e drogas.

O gran amor na súa vida foi Marcel Cerdan, un boxeador que se convertería nun icono da capital francesa. Marcel quedou tolamente namorado dela cando unha boa noite a escoitou cantar no bar no que traballaba.

A súa relación mantívose sempre ás agochadas, xa que Marcel tiña muller e fillos. Era unha relación perigosa pero cun amor forte e verdadeiro. Un amor que o levaría a morte.

Edith necesitábao constantemente. Nunha das veces que Marcel colleu un avión para vela, non o conseguiu. O seu avión estrelouse. Édith caería nunha fonda depresión na que intentaría, fracasadamente, quitarse a vida máis dunha vez.

Tras unha vida de excesos e pola que pasaron numerosos amantes, Édith caeu nun cancro que, xunto coa súa debilitada saúde, non lle permitiría cantar tanto como ela quería. A última escena, con Édith deitada na cama e de fondo o seu tema “ Non, Je ne regrette rien” representa o fluír e percorrido fugaz e de excesos da súa vida.

Como se conta? estrutura, planos, técnicas…

IMAXE

  • Planos: hai unha gran cantidade de primeiros planos, quizais porque é unha película que trata de trasmitir sentimentos en todo momento, en especial os da protagonista. Xa dende que é unha nena, a súa cara sae en primeiros planos con frecuencia, xa sexa para mostrar o seu estado de saúde como para mostrar o que sinte.  Tamén podemos salientar que hai algún momento no que se combinan varios planos na mesma imaxe como cando a cantante está cantando nunha das súas asctuacións. Neste caso combínanse planos medio cortos con planos enteiros para ver a protagonista enteira no escenario e ao mesmo tempo ver a súa expresión e o seu sentimento.

 

  • Movementos de cámara: entre os diversos momevemento de cámara empregados podemos destacar os travellings hacia a dereita ou hacia a esquerda que se utilizan nunha das actuacións de Edith Piaf. Nestes travellings a cámara pasa por detras dos espectadores para introducirnos o máximo posible no que está presenciando e percibindo o público. Paralelamente, reálizase o mesmo estilo de travelling pero por detrás da cantante para pornos en situación pero esta vez dende a perspectiva do escenario. Isto último adóitase facer coa cámara fixa dende o lugar no que se supón que está cantando a artista, pero na película buscouse realizalo dunha forma diferente e non só con este travelling senón tamén cos enfoques que se fan desde atrás do escenario para abarcar tanto as costas da protagonista como o público, todo isto acompañado dun xogo de luces e sombras que trasnforman a sala de actuacións.

 

  • Cor e luz: durante a película empréganse cores históricas, é dicir, a gama de cores que se utiliza trata de recrear a atmósfera cromática desa época (século XX, especialmente a primeira metade). E como xa mencionamos anteriormente, as luces e sombras teñen un papel bastante importante no filme. Podemos destacar (por elixir un momento entre moitos) cando a cantante sofre un ataque de pánico antes de saír por primeira vez a un “gran” escenario, pois nese momento só podemos ver na oscuridade a cara de Edith levemente iluminada para mostrar o seu medo e ás súas bágoas.

 

SON

  • Música: a música adoita ser diexética, xa que a protagonista Edith Piaf canta en diferentes ambientes: na rúa, en cabarets ou en teatros ou salas de actuacións donde se desarrolla o music hall. Pero Edith Piaf non é o único personaxe que canta na película, tamén o fai súa nai, unha das prostitutas do prostíbulo da súa avoa paterna, as persoas que lle van ofrecer cancións á protagonista, diversas cantantes nalgúns dos establecementos que visita Edith. Pero tamén é igual de frecuente que unha canción que comeza cantando na película acaba pasando a ser extradiexética. En xeral, excepto unha das primeiras cancións que soa na película de fondo (sen letra) e outras que soan como ambientación dos lugares nos que está, son todas cancións interpretadas por Edith Piaf a pesar de non comezar sempre de xeito diexético.

 

  • Efectos sonoros: en primeiro lugar, debemos destacar que xoga moito cos silencios para centrar toda a nosa atención na imaxe ou para dramatizar determinados momentos. Podemos sinalar algún deles como cando a cantante sae ao escenario por primeira vez (sen ser nun cabaret), nese momento hai un importante silencio ata que toma valor e inicia a canción. En canto aos efectos sonoros en si, o seu emprego é normal, para ambientar os lugares e dar realismo á escena e non hai un uso destacable que os diferencia doutras películas.

 

  • Voz en off: a película comeza cunha das actuación de Edith Piaf e acontinuación escóitase a voz en off da protagonista rezándolle a Santa Teresa (que ten unha presenza importante durante toda a película) para que lle de forzas e lle axude.

 

ESTRUTURA

A película desenvólvese alternando momentos do pasado (dende a infancia da protagonista e as súas vivencias de pequena) con momentos do futuro, é dicir, realízanse constantes analepses ou flashbaks e ao mesmo tempo prolepses ou flashforwards. É difícil establecer se hai un momento presente xa que as alternancias son constantes, pero decantaríame por dicir que as imaxes da protagonista nos seus últimos momentos de vida integrarían o presente ficticio do relato. Sendo así non se realizarían prolepses xa que todos os “viaxes cronolóxicos” son ao pasado da cantante.

Tendo en conta esta análise, podemos dicir que non se trata dun cine demasiado comercial porque non lle dá ao espectador “todo feito”. Ver este estilo de película require unha maior atención, especialmente polo desorde cronólixico do filme que pode ata resultar un pouco caótico.

Quen fala? 

Edith Piaf

É a protagonista da película e está encarnada por Manon Chevallier cando ten 5 anos, por Pauline Burlet cando ten 8 anos, e por Marion Cotillard o resto do tempo.

Gran parte da calidade da película recae sobre a interpretación de Marion Cotillard xa que é capaz de encarnar perfectamente á Edith Piaf enamorada, á turbulenta, á patética, á divertida, á que se emborracha, á tenra, á vulgar, á elegante, á yonki, á decrépita e moribunda, á irónica e á deslumbrante; pero sería inxusto negar que esa forza se contaxia ás pequenas actrices que a encarnan na súa infancia, probablemente o segmento máis emotivo da película é o rostro da pequena Manon Chevallier cando está xunto a Emmanuelle Seigner (Titine na película), ou da Pauline Burlet que interpreta na rúa a pleno pulmón A marsellesa.

O personaxe en si de Edith Piaf é complicado e incluso podería dicir que escéptico. A súa personalidade é froito da difícil vida que lle tocou vivir, de ahí que sexa enfermiza, deslinguada e vulgar. E a pesar de que cambia de ambientes e de estado económico eses aspectos continúan integrando a esencia dela.

Onde se desenvolve?

  • Acordos de Matignon (1936)
  • Acordos de Múnich pola Crise dos Sudetes (1938) e Conferencia de Evian para tratar o tema dos refuxiados xudeus nese mesmo ano.
  • Acordo Bérard-Jordana de vecindade entre España e Francia ao rematar a Guerra Civil en España (1939) e Guerra de broma, xa no contexto da Segunda Guerra Mundial. Tamén en 1939, consistiu na movilización de tropas anglofrancesas

A rodaxe desenvolveuse durante catro meses e medio, a comezos de 2006, a maior parte en Praga, e algunhas semanas en París e Los Ángeles. As escenas ambientadas en Nova York foron rodadas en interiores.

Edith Piaf naceu en 1915 e morreu en 1963, polo que no transcurso da súa vida, foi coetánea da Primeira e Segunda Guerras mundiales completas, así como da descolonización e os primeiros pasos cara organizacións internacionais cuxo froito sería a globalización. En desglose, Piaf viviu:

  • Primeira Guerra Mundial (1914-1918), na que Francia estivo implicada.
  • Ocupación do Ruhr (1923-1925)
  • Xogos Olímpicos de París (1924)
  • Eleccións lexislativas (1928, 1932, 1936, 1945, xuño e novembro de 1946, 1951, 1956, 1958 e 1962)
  • Pacto das Catro Potencias (1932), que Francia non ratificou.
  • Asasinatos de Marsella (1934) e disturbios do 6 de febreiro dese mesmo ano.
  • pero sen facer ningún movemento bélico. A partir deste momento e ata a resolución desta Guerra Mundial en 1945, os esforzos de Francia diríxense ao combate. As forzas do Exe ocúpana entre 1940 e 1944 (sen olvidar que en 1942 foi o desembarco de Normandía). Durante eses anos, Francia é un campo de batalla. Ao rematar a guerra, comeza a Cuarta República Francesa, que durará ata 1958.
  • Conferencias de París en 1947, para revalorar o Plan Marshall segundo as necesidades de cada país.
  • Tratado de París de 1951: deu orixe ao que no futuro sería a UE.
  • Francia foi perdendo ao longo dos anos 50 as súas colonias en Asia e África (Argelia, Viet Minh, Indochina, Túnez, Madagascar…), coas súas respectivas revoltas non só na colonia, tamén en Francia (Masacre de París en 1961). Este proceso continúa nos 60.
  • Comeza a V República Francesa con de Gaulle ao mando (1959).

Similitudes e diferenzas entre realidade e ficción

A película non parece ter incongruencia algunha e, a falta de datos sobre a vida da cantante, parece fiel á realidade.

Non obstante, é destacable que se gardan algunha información durante a película para crear un efecto sorpresa ao final, o que conduce á contrariedade por parte do espectador. Non só iso, senón que ao centrarse tanto na protagonista, os personaxes secundarios non son presentados nin introducidos, polo que a película resulta caótica e difícil de ver ao non saber quen é quen, nin sequera co paso dos anos.

Que recursos se usan? Trucos e efectos especiais

A obra, ó tratarse dunha película biográfica e baseada en feitos reais, non ten efectos especiais propiamente ditos, pero si que se utilizan nela diferentes recursos e trucos que lle engaden dramatismo ó desenvolvemento da trama.

Un dos recursos que se usan durante case todo o filme é a luz, en moitos casos con distintos claroscuros, a película discorre en moitos casos na penumbra propia dos ambientes que describe (os días de enfermidade de Edith ou os tugurios parisinos nos que comeza a cantar).

A propia música e voz da cantante son tamén un importante nexo de unión do filme.

Ademais, durante o filme realízannse un grande número de saltos temporais. Tantos, que o espectador non sabe xa en que momento da vida da actriz nos atopamos, outorgándolle á película o matiz de descontrol e caos que posuía a propia cantante.

Opinións que suscita a película

En liñas xerais, o filme tivo moi boa crítica. Especialmente, a actuación da actriz Marion Cotillard.

Destacan dous elementos negativos entre casi todas as reseñas sobre a película. O primeiro, a presentación das esceas desordenadas, o que dificulta a continuidade da trama. En moitas ocasións o espectador preferiría continuar co momento vital que se está reproducindo, en vez de andar con saltos no tempo.

O segundo son os decorados, que por demasiado excéntricos ou lúgubres perden certa credibilidade. Aínda que dan un aspecto diferencido  trama.

Algunhas críticas tamén xiraban en torno ós actores secundarios, por non saber sacarlle máis proveito ó seu papel.

La vida en rosa foi moi aplaudida en Francia por desvelar a historia da gran cantante Edith Piaf, que  foi un éxito no seu momento.

Crítica persoal das mozas

A película plantexa un tema a priori moi interesante, que é coñecer a persoa que se esconde detrás dunha gran artista. A idea está ben, o problema desta película é o fondo e as formas. Os escenarios polos que transcorren os personaxes resultan artificiais e esperpénticos, non conseguen transmitir realismo. Os cambios de secuencias temporais obstaculizan unha cómoda continuidade da trama, a veces provocando perder o fío. Non obstante, o filme consegue que nos fagamos unha idea sobre como era Edith Piaf, cunha panorámica da súa vida.

Como valoración final, a película é recomendable. Non tanto pola súa calidade audiovisual como por darnos a coñecer a historia da magnífica voz de La vie en rose.

Debuxo dun mapa de conceptos ou un gráfico no que se recollan as ideas importantes do relato e da personaxe real

edith piaf

 

 

Bibliografía

Beatriz Maldivia. (2007). La vida de Edith Piaf, ‘La vie en rose’ o más bien en negro. [Consulta: 9 dic 2015] <http://www.blogdecine.com/criticas/la-vida-de-edith-piaf-la-vie-en-rose-o-mas-bien-en-negro&gt;

Estamos rodando. La vida en rosa (Édith Piaf).[Consulta: 6 dic 2015]<http://cine.estamosrodando.com/peliculas/la-vida-en-rosa/ficha-tecnica-ampliada/>

Filmaffinity. (2007). La vida en rosa. [Consulta: 5 dic 2015] <http://www.filmaffinity.com/es/film228749.html>

Historiasybiografias. (2002). Biografia de edith piaf su vida, sus amores y sus desgracias. [Consulta: 5 dic 2015]< http://historiaybiografias.com/piaf.htm>

IMDb. (2007). La vida en rosa (Edith Piaf). [Consulta: 9 dic 2015] <http://www.imdb.com/title/tt0450188/?ref_=nv_sr_1&gt;

La Vanguardia.“La Môme Piaf enmudeció”. La Vanguardia, 10 de octubre 2013<http://www.lavanguardia.com/hemeroteca/20131010/54388612468/cultura-gente-celebridades-cantante-cancion-popular-francesa.html> [Consulta: 11 decembro 2015]

Wikipedia. ”Anexo:Cronología de Francia”. Wikipedia, la enciclopedia libre,2015<https://es.wikipedia.org/wiki/Anexo:Cronolog%C3%ADa_de_Francia&gt;. [Consulta: 19 nov]

Wikipedia. La vida en rosa (película).[Consulta: 6 dic 2015]< https://es.wikipedia.org/wiki/La_vida_en_rosa_(pel%C3%ADcula)>

 

 

 

 

Estándar