Comunicación interactiva en los cibermedios

newspaper-568058_640

  1. Resumo do texto

As novas tecnoloxías e sobre todo a Internet, permitiron un cambio drástico na forma de entender os medios de comunicación. Na actualidade xa falamos de cibermedios, que poden ou non ter  tamén unha versión tradicional.  Estes cibermedios caracterízanse pola súa interactividade e hipertextualidade, ademais de polas continuas innovacións que neles acontecen. Trátase dunha nova forma de comunicar e de recibir a información, na que os receptores dispoñen dunha influencia crecente na configuración dos produtos informativos, podendo ademais valoralos e opinar sobre eles. Estamos a un paso do xornalismo do futuro

  1. Asunto central do texto e aspectos complementarios

O asunto central deste texto son os cibermedios, e as súas distintas modalidades

Os aspectos complementarios son as distintas innovacións que realizan os cibermedios, as características destes cibermedios (interactividade, cambio de concepción),  a súa espacialidade e temporalidade, etc.

  1. Organización das ideas
  • Resumo: Os cibermedios como nova canle de comunicación
  • Palabras clave
  • Introdución
  • Idea principal: Os progresos tecnolóxicos deron lugar a unha nova plataforma: Internet. A partir desta nova ferramenta, os medios tradicionais puideron adaptarse ao mundo moderno. Por outra parte, permitiu a creación de cibermedios como nova canle de comunicación.
  • Ideas secundarias:
    • concepción de cibermedios e clasificación
    • evolución dos cibermedios
    • hipótese de que Internet permite maior interactividade
  • Metodoloxía: como se desenvolveu a investigación
  • Conclusión: as posibilidades que ofrecen os cibermedios e os numerosos campos que aínda quedan por investigar
  1. Estrutura formal do documento
  • Tipo de documento: Dossier
  • Autor: Mariano Cebrián Herreros
  • Datas: solicitado, recibido, aceptado, publicado.
  • Título: Comunicación interactiva en los cibermedios
  • Resumo
  • Palabras clave
  • Información do autor
  • Introdución
  • Metodoloxía
  • Resultados e discusión
  • Conclusións
  • Notas
  • Referencias
  1. A que elementos responde do esquema de investigación estudado. Identificar e explicitar
  • Resumo: Fala das novas tecnoloxías e da Internet como os causantes do desenvolvemento dos cibermedios. Ademais adianta as características e posibilidades que nos ofrecen os cibermedios

(interactividade, hipertextualidade…).

  • Metodoloxía
    • Observación de procesos concretos dos cibermedios representativos
    • Exame das webs dos cibermedios e dos seus contidos.
    • Selección de cibermedios españois, e subdivisión en ciberradio, ciberprensa, cibertelevisión e redes sociais.
    • Traballo de campo (referíndose a observación minuciosa destes medios seleccionados) realizouse no mes de outubro de 2008.
    • Sistematización dos datos obtidos no traballo de campo para poder categorizalos.
  • Palabras clave
    • Cibermedios
    • comunicación interactiva
    • ciberprensa
    • ciberradio
    • cibertelevisión
    • redes sociais
  • Introdución:

Atópase nas páxinas 16 e 17 do artigo.

Nela explícase moi brevemente o seu xordemento grazas a Internet, son conceptualizados os distintos medios de comunicación  e explícase o gran avance que están a sufrir. Así mesmo explícase o por que da utilidade do artigo con respecto os anteriores da mesma temática (porque os outros quedaron parcialmente desfasados cos novos avances pero tamén por razóns de contido)

  • Conclusión

Atópase nas páxinas 23 e 24

Coa chegada dos cibermedios os cambios son moitos: información máis específica e individualizada, cambios no aspecto formal, a ciberprensa incorpora cada vez máis  contidos audiovisuais, máis participación, a chegada dos blogues.

  • Bibliografía

Sitúase na páxina 24

  1. Propostas de interese

Tras a lectura do texto xórdennos varias preguntas sobre o futuro dos medios de comunicación: Como van evolucionar os medios? A que velocidade o farán? Que vai supoñer iso? Que vai acontecer cos medios tradicionais, adaptaranse ou desaparecerán? Como se vai adaptar o receptor de información a estes cambios?

  1. Preguntas que suscita

No aspecto formal do texto botamos en falta gráficas que organicen os datos ou algunha imaxe explicativa que resuman e axuden a entendelo. Baixo o noso punto de vista este artigo é demasiado denso e precisaría desas ferramentas para chegar mellor ao lector.

Estándar

Un comentario en “Comunicación interactiva en los cibermedios

  1. prof dijo:

    Neste caso sí hai máis coincidencias entre o artigo e o esquema de investigación analizado, xa que o propio texto é consecuencia dunha investigación dirixida polo autor. Bastante completo.

    Me gusta

Deja un comentario